PROCEDEMENTOS DE DESPEDIMENTO COLECTIVO, SUSPENSIÓN DE CONTRATOS E/OU REDUCCIÓN DA XORNADA POR CAUSA DE FORZA MAIOR
PRESENTACIÓN EXCLUSIVAMENTE TELEMÁTICA A TRAVÉS DE SEDE ELECTRÓNICA
A existencia de forza maior, como causa motivadora da extinción, suspensión de contratos ou redución da xornada, deberá ser constatada pola autoridade laboral.
Prazo de resolución da autoridade laboral: máximo de 5 días a contar desde a data de entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para a súa tramitación. Siendo el silencio positivo.
Número de persoas traballadoras afectadas
Calquera que sexa o número de traballadores da empresa e o número de afectados.
Documentación en procedemento:
O procedemento iniciarase mediante solicitude da empresa dirixida á autoridade laboral competente, acompañada de:
- Os medios de proba que se estimen necesarios para acreditar a causa de forza maior.
- Copia da comunicación da presentación da solicitude aos representantes legais dos traballadores.
- Relación nominal dos traballadores afectados e número de identificación fiscal dos mesmos.
- Documentación que acredite a lexitimación da persoa que presenta a solicitude.
Solicitude a través da sede electrónica, exclusivamente:
Solicitude constatación TR820C da causa de forza maior para realizar un despedimento colectivo, suspensión de contratos e/ou redución da xornada
Autoridade laboral competente para a tramitación:
1.- Se a totalidade dos centros de traballo e dos traballadores da empresa radican dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia:
- Se os centros de traballo e os traballadores afectados radican nunha provincia: Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da provincia afectada.
- Se os centros de traballo e os traballadores afectados radican en varias provincias galegas: Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
2.- Se a empresa ten centros de traballo ou traballadores dentro e fóra do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia:
- Se afecta tan só a centros de traballo ou traballadores radicados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia: Autoridade Laboral de Galicia, segundo o sinalado no punto 1.
- Se afecta a centros de traballo ou traballadores radicados dentro e fóra do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia:
- Se o 85%, como mínimo, do cadro de persoal da empresa radica dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e existen traballadores afectados na mesma: Autoridade Laboral de Galicia, segundo o sinalado no punto 1. A Autoridade Laboral de Galicia notificará á Dirección Xeral de Emprego do Ministerio de Emprego e Seguridade Social a resolución.
- Se o cadro de persoal que radica no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia é inferior ao 85% ou o expediente non afecta a traballadores situados nesta: Dirección Xeral de Emprego do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
Onde acudir para solicitar información – A PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES REALIZARASE EXCLUSIVAMENTE POR MEDIOS ELECTRÓNICOS A TRAVÉS DA SEDE ELECTRÓNICA