Hola, Como te podemos ayudar?

PROCEDEMENTOS DE DESPEDIMENTO ...

PROCEDEMENTOS DE DESPEDIMENTO COLECTIVO, SUSPENSIÓN DE CONTRATOS E/OU REDUCCIÓN DA XORNADA POR CAUSA DE FORZA MAIOR

PRESENTACIÓN EXCLUSIVAMENTE TELEMÁTICA A TRAVÉS DE SEDE ELECTRÓNICA

A existencia de forza maior, como causa motivadora da extinción, suspensión de contratos ou redución da xornada, deberá ser constatada pola autoridade laboral.


Prazo de resolución da autoridade laboral: máximo de 5 días a contar desde a data de entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para a súa tramitación. Siendo el silencio positivo.

Número de persoas traballadoras afectadas
Calquera que sexa o número de traballadores da empresa e o número de afectados.

Documentación en procedemento:

O procedemento iniciarase mediante solicitude da empresa dirixida á autoridade laboral competente, acompañada de:

  • Os medios de proba que se estimen necesarios para acreditar a causa de forza maior.
  • Copia da comunicación da presentación da solicitude aos representantes legais dos traballadores.
  • Relación nominal dos traballadores afectados e número de identificación fiscal dos mesmos.
  • Documentación que acredite a lexitimación da persoa que presenta a solicitude.

Solicitude a través da sede electrónica, exclusivamente:

Solicitude constatación TR820C da causa de forza maior para realizar un despedimento colectivo, suspensión de contratos e/ou redución da xornada

Autoridade laboral competente para a tramitación:


1.- Se a totalidade dos centros de traballo e dos traballadores da empresa radican dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia:

  • Se os centros de traballo e os traballadores afectados radican nunha provincia: Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da provincia afectada.
  • Se os centros de traballo e os traballadores afectados radican en varias provincias galegas: Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

2.- Se a empresa ten centros de traballo ou traballadores dentro e fóra do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia:

  • Se afecta tan só a centros de traballo ou traballadores radicados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia: Autoridade Laboral de Galicia, segundo o sinalado no punto 1.
  • Se afecta a centros de traballo ou traballadores radicados dentro e fóra do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia:
  • Se o 85%, como mínimo, do cadro de persoal da empresa radica dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e existen traballadores afectados na mesma: Autoridade Laboral de Galicia, segundo o sinalado no punto 1. A Autoridade Laboral de Galicia notificará á Dirección Xeral de Emprego do Ministerio de Emprego e Seguridade Social a resolución. 
    • Se o cadro de persoal que radica no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia é inferior ao 85% ou o expediente non afecta a traballadores situados nesta: Dirección Xeral de Emprego do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.  
    •  

Onde acudir para solicitar información – A PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES REALIZARASE EXCLUSIVAMENTE POR MEDIOS ELECTRÓNICOS A TRAVÉS DA SEDE ELECTRÓNICA

Share Post